viernes, 20 de diciembre de 2013

Os alumnos e alumnas de segundo curso desexámoslles que teñan  . . .
 Bo Nadal !!!

viernes, 4 de octubre de 2013

Ola a tod@s!!!
          Hai uns días que empezamos un novo curso. Xa non somos tan pequen@s  e temos  MOITAS GANAS de aprender cousas novas e moito máis difíciles. Sabemos que temos que traballar moito para chegar a ser de maiores . . .  



Publish at Calameo or read more publications.

     Pero como aínda falta moito, polo de agora  imos seguir xogando, e sobre todo, imos  seguir sendo . . .
                       NENOS  E   NENAS!!! 


domingo, 24 de marzo de 2013

UNHA DESPEDIDA


     O pasado mércores 20 de marzo despedímonos de Aday. Foise a vivir a Ponteareas e segurísimo que vai estar "super contento". Entre todos lle preparamos un libro especialmente para el.



miércoles, 13 de febrero de 2013

DE CELEBRACIÓN EN CELEBRACIÓN

     Aínda que tan so hai uns días que volvemos do Nadal, xa andamos bastante apurados facendo unha morea de cousas. Empezamos primeiro cun taballo de Plástica recortando unhas mans moi pequeniñas que eran moi moi difíciles de recortar. Sabiamos que eran para facer unha pomba xigante entre todo o cole para a celebración do día da Paz, que xa sabemos que se debe celebrar todo o ano, pero recordalo especialmente ese día. Cando xa estaba acabada fómola ver e quedamos abraiados:
"Profe, cantas maíñas brancas hai aí!!! Polo menos debe haber mil, verdade??? Pero hai moitas máis de mil, que xa sabemos que é un número tan grande que precisamos encher de boliñas o ábaco da nosa clase e aínda máis. Ese día cantamos xunto con todos os nen@s do cole unha canción, que aprendela era bastante complicado, pero a música gustábanos moito.
      Pois nada máis saír disto, xa nos atopamos co Entroido. Tamén divertido, facendo carautas, comendo todas esas larpeiradas propias desa festa, e sobre todo, sentíndonos por un día sevillanas, princesas, superheroes, guerreiros, monstros, . . .     
 E no medio de todo , de excursión a un concerto sobre a historia do Crebanoces.