viernes, 12 de octubre de 2012

AUTORRETRATO

     Estes días estivemos facendo unha actividade que nos deu moito traballo, pintando cunhas pinturas coas que hai que ter coidado porque manchan moito, pero coas que é moi doado pintar porque acabas pronto e non deixas branquiños (que non lle gustan nada á profe!!!). Fixemos un autorretrato. Non é tan fácil como parece. Debuxarse a un mesmo e conseguir que se pareza a nós, a verdade, é unha tarefa bastante difícil. Pero nós que nos atrevemos con todo, fixémolo, e a verdade é que en calquera deles hai algo que nos recorda a nós mesmos. Fixádevos ben e seguro que algún parecido atoparedes con nós.


1 comentario:

  1. Pois si...eu si que atopei parecidos...
    Estades tod@s moi guap@s e con cara de maiores!!!

    bicos dunha profe de "pequenos".

    Bibi.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.